O I Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña (CITIC), oriéntase a xoves investigadores (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións coa finalidade de potenciar a colaboración entre universidades e grupos de investigación, construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á súa formación.
O congreso, de inscrición gratuíta, suporá unha oportunidade ideal para que os participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.
As contribucións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Aqueles traballos aceptados serán publicados nun libro de actas.