Publicación dos traballos no libro de proceedings
Os traballos presentados no congreso xa están publicados. cada traballo dispón do seu DOI , acceso online e descarga do libro completo en formato PDF
Aceptacion de traballos
Unha vez avaliados os traballos recibidos, o comité Científico fai pública a listaxe de propostas aceptadas. Os traballos foron seleccionados para a súa exposición oral ou para presentación como póster. Todos os traballos admitidos serán publicados no Libro de Actas a través de MDPI e cunha identificación dixital única (DOI) e licenza open access.
Os resumos extendidos debe estar presentados en inglés e cunha extensión aproximada de 2 páxinas (bibliografía, agradecementos poden ir noutra páxina ata un máximo de catro).
Aqueles traballos non presentados antes da data límite non poderán incluirse no Libro de Actas de MDPI, e polo tanto, ter un DOI asignado.
Envío de traballos (prazo pechado):
Este congreso contará con sesións de comunicacións orais nas que os investigadores exporán brevemente (10 min. aprox.) as súas liñas de investigación e cunha sesión de exposición de pósteres. Haberá tres premios as mellores comunicacións.
As linguas do congreso son o galego, español ou inglés. A publicación será en ingles
Complementariamente celebraranse conferencias plenarias que correrán a cargo de personalidades relevantes do ámbito TIC nacional ou internacional.
Haberá un máximo de 2 talleres formativos cun claro enfoque participativo.
Os interesados deberán enviar un abstract (300 palabras) a través do formulario antes do día 13 de xullo, seguindo o formato requerido pola organización e nos prazos establecidos.
Posteriormente, para aqueles traballos seleccionados, deberase remitir unha copia de resumo extendido de 2 páxinas en inglés seguindo as especificacións que serán publicadas en breve para a súa publicación como libro de actas rexistrado con ISBN e DOI